Emprego

A inserción sociolaboral é un obxectivo fundamental no proceso de rehabilitación e inclusión dunha persoa que ten discapacidade, xa que isto estabilizaría e integraría a estas persoas na sociedade, provocando que sexan cidadáns activos e participativos, logrando deste xeito unha inserción real.

Xaruma conta cunha ampla experiencia en relación coas persoas con enfermidade mental e por iso as nosas principais accións van encamiñadas cara á promoción da autonomía da persoa con discapacidade a través do acceso a un posto de traballo e á ampliación da súa formación, minguando deste xeito a dependencia destes con referencia á súa familia.

En relación á procura de emprego, encontramos un gran descoñecemento xeral e máis se temos en conta ás persoas con discapacidade. Por isto é necesario un servizo que cubra estas necesidades, facilitando desta maneira a senda ao mercado laboral, coa formación nas ferramentas existentes para favorecer este acceso.

Advertisements

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: