Voluntariado

E en Xaruma gústanos soñar!

Nós soñamos coa unión, coa comunidade, con risas, coa integración, coa tranquilidade… Soñamos coa igualdade na diferenza. E coa sociedade como canle.

E ti, atréveste a soñar?

Ofrecemos a posibilidade de actuar no noso programa de voluntariado nos proxectos Naturalmente y mentalízate, e na organización ou desenvolvemento de diversas actividades de animación socio-cultural.

Levamos a cabo un programa que promove a integración socio-comunitaria de persoas con enfermidades mentais e menores en risco de exclusión social, por medio da realización de actividades de animación sociocultural, apoio escolar, promoción social, educación para a saúde e para o medioambiente.

“Dime e esquezo, ensíname e recordo, involúcrame e aprendo”

Benjamin Franklin

  •  A posibilidade de participar na sociedade dende un traballo social con persoas con enfermidade mental ou menores.
  •  Formación gratuíta e certificada en habilidades sociais, recursos, tempo libre… relacionada coas súa funcións.
  •  O carné de persoa voluntaria.
  •  Prioridade e facilidades para matricularse nos curso da Escola.
  •  Servizo de orientación ao emprego e á formación.

  •  Impartir clases de informática.
  •  Acompañamento nas actividades a desenvolver.
  •  Apoio na xestión do noso proxecto medioambiental: horta ecolóxica, viveiro e aula medioambiental.
  •  Ensinanza e práctica de deportes cos/a usuarios/as.
  •  Acompañamento nos Respiros Familiares.
  •  Impartición de clases de manualidades.
  •  Organización de videoforums, festas….
  •  Propoñer novas actividades.

Tardes dos luns a sábados, e sábados polas mañás, ademais dos Respiros Familiares e demais actividades puntuais. Consulta as actividades en marcha.

As nosas actividades están sempre abertas a túa participación.

Outras campañas: Amnistía Internacional 

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑